Asesoría Marcos Fernández é un despacho profesional integrado por graduados sociais, licenciados en administración e dirección de empresas, licenciados en ciencias económicas e empresariais, diplomados en ciencias empresariais, técnicos superiores en administración e finanzas, e tecnicos especialistas en administración de empresas, que ofrece un servizo integral de xestión e asesoramento a empresas e particulares, conta cun equipo humano de oito empregados e unha experiencia acumulada de 18 anos.
Asesoría Marcos Fernández ofrece asesoramento e xestión en materia fiscal, contable/financeira, xurídica, laboral, mercantil e de seguros sociais.
O noso equipo está comprometido a darlle un servizo de calidade e o noso código deontolóxico sopórtase do trato directo e persoal, da elevada cualificación dos profesionais do noso grupo, da formación constante do persoal, da seriedade e compromiso respecto ao cumprimento dos prazos marcados polas institucións públicas, da preocupación (anticiparnos aos seus problemas), do investimento constante en tecnoloxía co fin de dar un servizo áxil, moderno, eficiente e rápido e da innovación para adaptarnos aos cambios constantes.
A nosa misión é prestar servizos profesionais de calidade a un prezo xusto, fomentar a confianza mutua entre o cliente e o profesional para establecer unha relación satisfactoria para ambas as partes respectando as normas éticas.
O noso obxectivo é o cliente, e buscamos o asesoramento especializado, a calidade, a confianza duradeira, as tecnoloxías máis avanzadas a disposición do cliente, a profesionalidade e o compromiso, e sobre todo pretendemos a eficacia.